PUMPTRACK A GUARDA (GALICIA)

Xa temos un novo punto de encontro!


Un pumptrack de 700 m² de pura diversión, pensado para todas as idades e niveis.

 

Pequeno pero matón: curvas, saltos e moito flow nun espazo seguro, moderno e totalmente aberto á comunidade. Un lugar onde compartir experiencias, mellorar a técnica e gozar do deporte ao aire libre.

 

Este pumptrack é perfecto para bicicletas, patíns, skates ou scooters. Sexas principiante ou experimentado, sempre atoparás unha liña adaptada ao teu ritmo.

Unha instalación única para fomentar hábitos saudables, ofrecer alternativas de ocio activo e crear un punto de encontro para familias, rapaces e amantes dos deportes urbanos.

 

 

 

A ubicación xa está dispoñible en Google Maps, lista para que a descubras.