Presentamos o noso novo proxecto: a construción dunha pista de surfskate na emblemática Praia de Patos, en Nigrán.
Trátase dunha instalación única en Europa, pensada para reproducir as sensacións do surf sobre o asfalto e ofrecer un espazo de formación continua a riders de todos os niveis.
A vía, de 366 m², está formada por un trazado anel pechado, con curvas de distinto radio e xeometría fluída que permite encadear as manobras sen interrupcións. O deseño e os acabados executáronse con criterios de seguridade, durabilidade e máximo rendemento técnico.
Este proxecto reforza o valor deportivo e turístico de Praia de Patos, un dos enclaves de surf máis recoñecidos de Galicia.